lunes, 22 de enero de 2018

RESULTADOS PROBA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

De discreta podemos destacar a actuación do alumnado na proba intercomarcal de campo a través no circuito dos Menhires este sabado 20 de xaneiro. Aunque non conseguimos o obxectivo de clasificar ningún atleta individualmente ou por equipos, estos esforzáronse e disfrutaron da xornada deportiva e dunhas condicións meteorolóxicas optimas para a práctica do atletismo. 
Con algunhas baixas de última hora mantivemos o tipo, tendo como rivales aos equipos de atletismo da comarca, o que fai que a nivel escolar sexa máis dificultoso obter unha clasificación ou aspirar ao logro de medallas. 
Desde aquí felicitar a todos os colexios que clasificaron algún equipo ou atleta individualmente, somos conscientes da importancia para manter o carácter escolar desta competición. Animar a todo o alumnado a seguir neste camiño e focalizar os esforzos nas seguintes probas de atletismo en pista.
A continuación presentamos as clasificacións das categorías onde estivemos representados.

                     Ánimo !!!ATLÉTICO PORTOFARO!!!!

                                    BENXAMÍN FEMININO

                                   ALEVÍN MASCULINO
                                    ALEVÍN FEMININO
                                                     INFANTIL FEMININO

jueves, 18 de enero de 2018

PRESENTACION EQUIPOS PARTICIPANTES NA PROBA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O mércores 17 de xaneiro tivo lugar a presentación e entrega de indumentaria deportiva aos diferentes equipos que nos representarán na proba intercomarcal de campo a través. Os deportistas estrenarán camisetas e chandal-sudareira co novo logotipo do ATLETICO PORTOFARO. Esperamos que sexa unha motivación a maiores para conseguir o obxectivo de ter unha representación no campionato escolar provincial de campo a través.


                                                    EQUIPO BENXAMÍN FEMININO
                                      (KENIA-UXÍA-MARTINA-AROA-LUCÍA-ROCÍO)




                                                      EQUIPO ALEVÍN MASCULINO
                                            (XOEL-LEO-RAUL-CARLOS-JORGE-JAVI)


                                     INDIVIDUAL ALEVÍN FEMININO(JUNE)

miércoles, 10 de enero de 2018

NORMATIVA PROBA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS (OS MENHIRES-A CORUÑA)

Axuntamos normativa para a proba intercomarcal de campo a través que se vai a desenvolver o vindeiro sábado 20 de xaneiro nos Menhires (A Coruña). A esta proba acudiremos con tres equipos clasificados e dúas atletas individuais, co obxectivo de clasificar algún equipo ou atleta para a fase Provincial.




 

jueves, 21 de diciembre de 2017

RESULTADOS PROBA CAMPO A TRAVÉS "AS MARIÑAS"

Xa temos os resultados da proba clasificatoria de campo a través, na que o ATLETICO PORTOFARO clasificou a tres equipos para a proba intercomarcal que se vai a desenvolver no circuito da Torre de Hércules o vindeiro 20 de xaneiro.
Os equipos clasificados son o benxamín feminino, o alevín masculino e o infantil feminino. A nivel individual clasificáronse JUNE FANDIÑO e NADIA LONGUEIRA na categoría alevín feminino. Confiamos que nos representarán con ilusión e esforzo e os animamos a seguir no bo camiño.
Resaltar a participación na proba das Mariñas, onde comprobamos que os colexios participantes demostran un bo nivel participativo, xa que a partir deste momento as carreiras adquiren outro nivel pola participación nas mesmas dos clubes deportivos de atletismo. 


                                     ÁNIMO ATLETICO PORTOFARO!!!!


Axuntamos enlace onde podedes ver o posto acadado na proba clasificatoria das Mariñas:

 CLASIFICACIÓN PROBA "AS MARIÑAS"

martes, 12 de diciembre de 2017

CIRCULAR INFORMATIVA PROBA LOCAL CAMPO A TRAVÉS DAS MARIÑAS

Axuntamos circular informativa enviada ás familias para a participación na proba local de campo a través "As Mariñas", a desenvolver no parque de Acea De Ama o vindeiro xoves 14 de decembro. 
De existir algunha modificación por condicións meteorolóxicas adversas informaremos neste blog e na páxina web do colexio.

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!



 

jueves, 23 de noviembre de 2017

RESULTADOS IV CARREIRA DO MAGOSTO

Axuntamos resultados da IV CARREIRA DO MAGOSTO. Establécense os resultados individuais por cursos e a clasificación por equipos. Si detectades algún posible erro comunicarllo ao profe.








martes, 21 de noviembre de 2017

CARREIRA LOCAL "AS MARIÑAS"

Xa temos data para a primeira proba clasificatoria de campo a través. Este ano a proba local das Mariñas desenvolverase antes das festa navideñas, así que nenos e nenas coller enerxías para poder clasificarnos o maior número de equipos para a proba Comarcal e así comer os postres navideños con tranquilidade. 
Xa sabedes que esta proba é voluntaria e podedes acudir todos aqueles que queirades en representación do colexio. Así que desde aquí animarvos a participar e continuar coa preparación cara as vindeiras competicións. Estou convencido de que teremos unha destacada actuación.
Achegamos normativa da proba e datas para posteriores probas do calendario escolar de campo a través.